miércoles, 19 de enero de 2022

Anduriña


"Fartos estamos de saber que pobo que esquece as súas tradicións e ten malquerencia a canto significa enxebrismo é pobo sen alma, nin destinos na historia"
Amando Suarez Couto
A anduriña e a lúa os mellores amigos da miña infancia.



 Catro aves escollidas / son as que pasan o mar/ o cuco e a anduriña/ a rula e o paspallás"

Todos os anos atravesan o océano para chegaren á nosa terra e anidar nos nosos balcons, terrazas e aleiros.

As anduriñas son uns paxaros moi queridos en Galicia. Fan o seu niño con terra, colocandoo xeralmente debaixo dos balcons, dos beirados dos tellados e nos palleiros, revestindoos con lama e por adentro con plumas e herbas.

As plumas do lombo e das ás son negras; pola barriga brancas; e medio encarnadas por debaixo do peteiro. O rabo é longo e aberto en dúas partes de forma triangular afiada.

A boa fama destas aves estivo sempre mesturada con misterios e lendas que os sabios da Antigüidade non dubidaron en recoller nos seus escritos, sostendo que este paxaro invernaba, por sistema, entre a lama das pozas e ribeiras dos ríos, o cal xa se sabe que non é certo. Con todo pode ter algún fundamento basado en casos singulares, como algún que outro paspallás, ao que o frío do inverno sorperendera, decuidado, antes de iniciar a seu regreso migratorio, aparecendo despois escondido entre o barro da leira ao abrir os regos co arado.

En Galicia é popular a lenda que conta que as anduriñas arrincaron as espiñas da coroa que levaba Xesús Cristo, e que do sangue deste vén a mancha vermella que amosan no seu pescozo. Desta crenza procede a consideración das anduriñas como protectoras das casas nas que aniña. Por esta razón son aves que ninguén molesta nin se lle vai ós niños. Mesmo se cre que matar unha anduriña ou destruí-lo seu niño é un pecado e quen o faga sufrirá axiña unha desgraza na súa casa.


Son aves migratorias que chegan o noso país a principios do mes de abril e marchan a últimos de setembro. Son aves precursoras da primavera pois cando aparecen é sinal de que o bo tempo está próximo, fanno en bandadas e cando regresan, volven a establecer o seus niños no mesmo sitio que os tiveron o ano anterior.
Voa baixo en espazos abertos atrapando insectos no aire, se atopa en África, Europa, Asia e América. As anduriñas europeas pasan a primaveira viaxando cara ao norte chegando mesmo ata o círculo polar ártico, mentras pasan o inverno en África
 



Golondrinas : " las comillas del cielo" decía Ramón Gómez de la Serna


Relacionar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...