Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.
¿ Quen será? ¿ Qué busca?
Baseado nuha lenda tradicional galega.

Sábese se unha meiga chuchona entrou nunha casa onde haxa nenos porque estes van mirrando e enfraquecendo sen que se saiba o motivo. E é que esta meiga chuchona lles zuga o sangue cada noite, a pouquiños.
No San Xián de Sergude había unha muller á cal lle morrían todos os fillos. A última nena que tivera levaba camiño de morrer tamén.
Pois isto ten que ser causa dun "mal de ollo" ou da "Chuchona", dixo a nai da muller que era anciá e, como tal, sabía destas cousas que se van aprendendo ó correr dos anos.
Entón un sábado pola noite colleron braña, tres xuncos, cortáronos a igual tamaño e marcáronos: un era a "envexa", outro o " mal de ollo" e o outro a " meiga Chuchona".
¿Non che dicía eu? - dixo a nai- ¿ Ves coma é cousa de meiguería?¿ E qué podemos facer? ¿ Quen pode ser a meiga?
Xa o saberemos. Polo momento hai que poñerlle a nena unha castaña de indias, un dente de allo e unha poliña de herba de San Xoan. E non deixala soa; de noite virá unha mosca moi grande e moi negra e pousarase no berce.
Esa é a meiga Chuchona que vén chuparlle o sangue a túa nena.
Hai que esconxurala dicindo " San Silvestre, meiga fora" e, ao mesmo tempo, pegarlle a mosca cunha poliña de loureiro. Dalle sen dó que si a matas non se perde nada. A muller proferiu as palabras do esconxuro e, ao mesmo tempo o home coa póla de loureiro golpeou a mosca.

Ao día seguinte apareceu morta na súa cama unha vella de Tabeaio.
Esa era a meiga Chuchona que ía chupar o sangue dos nenos.
A meiga Chuchona é una figura mítica do imaxinario popular galego que da orixe a una lenda tradicional que se coñece co mesmo nome.
De acordó coa lenda, a meiga Chuchona entra ó empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar o corpo mirrado.
De acordó coa lenda, a meiga Chuchona entra ó empardecer o día nas casas onde hai cativos para lles chuchar o sangue, motivo que os fai enmagrecer até quedar o corpo mirrado.
A desnutrición foi un problema habitual entre os campesiños galegos, especialmente grave entre os meniños, os que debilitaba e consumía ata chegar, nalgúns casos a producir a súa morte, o que actualmente chamariase "raquitismo".
Adoitaba atribuirse a distintos poderes máxicos, coma o mal de ollo ou aos efectos dunha meiga chuchona.
Adoitaba atribuirse a distintos poderes máxicos, coma o mal de ollo ou aos efectos dunha meiga chuchona.
Para evitar as meigas había a crenza de que podían empregarse diferentes remedios, como levar diferentes amuletos, un dente de allo, una figa, un corno de vacaloura.
Unha vez comezada a enfermidade, cando xa o meniño foi victima da meiga Chuchona, recorríase a outras prácticas pretendidamente curativas; por exemplo: queimar nunha encrucillada uns pelos do rapaz, nuha noite de lúa chea o tamén atarlle os dedos da man e pés cunha cinta e sair con él a un camiño despois das 12 da noite, pa pedirlle ó primeiro caminante con quen se atope que corte a cinta: "Homiño que vén á ventura, desenquirquílleme esta criatura"